Dúas persoas feridas tras sufrir un atropelo en Nigrán

Esta mañá rexistrouse en Nigrán, na Rúa dos Pazos, un atropelo con dúas persoas feridas. Foi ás 11:30 horas cando varios transeúntes da rúa chamaban ao 112 Galicia para alertar dun atropelo nese lugar. Indicaban que dúas persoas foran alcanzadas por un turismo e precisaban asistencia sanitaria. Axiña, os xestores de emerxencias poñían o suceso en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que se encargaron da atención dos feridos. Así mesmo, informaban aos membros do GES de Val Miñor, aos axentes da Policía e Protección Civil da localidade.