Contacontos con Paula Carballeira no Centro Cultural de Belesar

O Centro Cultural de Belesar acollerá este domingo 9 de agosto ás 20:00 horas unha sesión de contacontos da man de Paula Carballeira baixo o título “Elas tres (a nena, a nai, a bruxa) e moitas outras”. A actividade está dirixida ao público familiar e recomendable a partir de catro anos. A actividade é organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, no marco do programa “Contacontos en Igualdade”, que se está desenvolvendo nas parroquias do municipio. É financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.