A Asociación Cultural San Roque de Morgadáns organiza do 9 ao 15 de agosto a súa Semana Cultural, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, o Concello de Gondomar e a Entidade Local Menor de Morgadáns.
Abrirá a programación prevista a proxección da película “O parque máxico” o domingo 9, e seguiranlle Voltereta e Volvoreta con teatro infantil o luns 10, a actuación da charanga Vai de Baile o martes 11, o grupo de gaitas Asubío de Porriño o mércores 12, Abrazo Cósmico o xoves 13, Animar-t Teatro coa obra “A historia de Martín” e a actuación de Fernando cunha coreografía contemporánea titulada “Superación” o venres 14 e a Asociación de Danza de Gondomar o sábado 15.
Todas as actividades comezarán ás 21:00 horas, excepto o “Cine na Rúa” do domingo 9, que comezará ás 22:30 horas.

