Campus de patinaxe artística en Nigrán

O Club Patinaxe Nigrán organiza do 24 ao 28 de agosto un Campus de Patinaxe Artística que se desenvolverá no Pavillón Municipal de Panxón, en horario de 9:30 a 13:30 con opción madrugadores. Está dirixido a nenos e nenas de 4 anos en diante e contará con todas as medidas hixiénico-sanitarias para previr contaxios de Covid-19 (desinfección, correcta utilización de xel e máscara, distancia de seguridade e grupos reducidos). Os asistentes poderán gozar da praia, xogos populares, outros deportes, xogos e moito máis. Máis información nos teléfonos 663 336 604 ou 650 922 563 ou no correo patinaxenigran@gmail.com.