Detido un baionés por roubos en varias furgonetas estacionadas en Vigo

Este martes, un veciño da rúa Médico José Mato de Vigo observou a un home fracturar o portelo dunha furgoneta. Acto seguido o aludido ocultouse no acceso a un garaxe, comprobando que non había transeúntes na zona, introducíndose no vehículo e abandonando o lugar aos poucos minutos. Previamente forzara algún dos vehículos estacionados no lugar, realizando a correspondente chamada á Sala de Comunicacións do 092 da Policía Local de Vigo.

A Patrulla desprazada ao lugar, nas proximidades localizou ao individuo grazas á descrición facilitada polo demandante do servizo. Acto seguido, localizaron a furgoneta que presentaba fractura da lúa traseira dereita, observando o interior totalmente revolto. Tendo constancia de que eran varios os vehículos nos que entrara, continuaron revisando a contorna da zona, na que foi localizada outra furgoneta con danos.

Concretamente presentaba fractura do portelo traseiro esquerda, e no mesmo estado interior que o outro vehículo. Ao decatarse da presenza da Unidade, o demandante achegouse e identificou sen ningún xénero de dúbidas ao autor dos feitos. Os axentes procederon á detención de D.M.D, de Baiona e 45 anos de idade, pola comisión dun delito de roubo con forza e violencia.

Os vehículos, ante a imposibilidade inmediata de localizar aos seus propietarios, foron trasladados ao depósito municipal, ao obxecto de realizar a vixilancia dos mesmos e evitar, que polo seu estado, ninguén puidese extraer máis obxectos do interior.