Finaliza o Campus Tecnolóxico en Gondomar

O Concello de Gondomar celebrou esta semana, do 27 ao 31 de xullo, no Centro Neural en horario de 10:00 a 13:00 horas, un Campus Tecnolóxico dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 13 anos, organizado pola Concellería de Xuventude, a través da OMIX. Os pequenos puideron construír e programar un robot, crear historias, animacións e videoxogos ou crear e modelar figuras tridimensionais.

“Programar e achegarse á robótica e tecnoloxía de forma amena foi o obxectivo deste primeiro mini campamento urbano, co que o goberno local, adaptándose á nova normalidade que estamos a vivir, promove accións pensando nos máis pequenos e o seu tempo libre á vez que favorece a conciliación familiar”, destacou o alcalde, Paco Ferreira.

Durante o mes de agosto desenvolveranse outras tres actividades similares, como é o caso do obradoiro de creacións de cómics que se poñerá en marcha este luns 3 de agosto e no que participarán 15 cativos/as, e dous dirixidos a sensibilizar ás novas xeracións nos valores da loita pola igualdade.