Controlado un incendio forestal declarado en Monteferro

Un incendio forestal orixinouse esta noite ao redor das 23:00 horas en Monteferro, en Nigrán. Varios particulares deron o aviso ao servizo de emerxencias de que se produciu lume na zona onde se atopa o merendeiro, visible desde distintos puntos da comarca, como Baiona. Ata o lugar desprazáronse os servizos de emerxencias para sufocar as chamas, ademais do alcalde, Juan González, para seguir as tarefas de extinción. Ao redor dunha hora despois da alerta o incendio xa se daba por controlado e practicamente extinguido, segundo confirmou o rexedor, aínda que se realizan tarefas de arrefriado para evitar que reaviven as chamas.

2020-08-03 - EecjqHDWsAAy2hN2020-08-03 - WhatsApp Image 2020-08-03 at 00.58.062020-08-03 - WhatsApp Image 2020-08-03 at 00.58.082020-08-03 - WhatsApp Image 2020-08-03 at 00.58.08B