
Hoxe celebrouse en Camos o Campionato Galego por parellas de bolo celta. Na fase de clasificación celebrada o pasado fin de semana clasificáranse 12 parellas de Pontevedra e 4 de Lugo. Tras as roldas correspondentes celebradas no día de hoxe, a clasificación final foi a seguinte:
- Campioa de Galicia: Manuel Mo e Vicente Mo do club Estivada de Baiona.
- Subcampioa: Inocencio Valverde e Aníbal Brites de bolos Xunqueira de Gondomar.
- Terceira clasificada: Ismael Fernández e José M. Torres de bolos San Cibrán de Gondomar.
- Cuarta clasificada: Cristian Rodríguez e Álex Meitín de bolos Xove-Lugo.