XVII Festa Gastronómica “As delicias do porco” en Couso

A Asociación Novos Aires de Couso organiza o domingo 9 de agosto a XVII Festa Gastronómica “As delicias do porco”. Debido á situación provocada polo Covid-19, só haberá venda para levar a casa. Un porco enteiro terá un prezo de 180 euros, e medio porco, 90 euros. As reservas poden facerse ata o 3 de agosto no teléfono 609 90 36 35. Se empeora a situación ante o Covid anularase o evento e procederase á devolución do importe total. O prezo só inclúe porco ao espeto.