Unha fin de semana de grandes espectáculos no Baiverán de Baiona

Continúan as actividades culturais programadas polo Concello de Baiona e o seu departamento de Cultura dentro o Baiverán 2020.

Esta fin de semana, o Parque da Palma converterase no escenario dunha variada oferta de espectáculos. Hoxe venres, ás 23:00 horas, chega a Baiona o aplaudido espectáculo Mitic. A banda Mitic realiza un espectáculo que non deixa indiferente a ninguén. Scorpions, Bon Jovi, Edith Piaf, The Mamas & The Papas, Europe o Carlos Gardel son só algúns dos artistas que interpretan a través da gaita.

Mañá sábado, tamén ás 23:00 horas, terá lugar o concerto musical dos 80 onde o público poderá desfrutar dun espectáculo para rememorar aquela época cos temas más coñecidos daqueles anos.

Xa o domingo, pensando nos máis pequenos e familiar, o público poderá desfrutar da maxia do circo da man de Asacocirco Show. Este espectáculo será as 20:30 horas, tamén no Parque da Palma.

Todos os espectáculos estarán supervisados por un técnico de prevención que certificará que o espectáculo sexa seguro tanto para os profesionais que actuarán no Baiverán como para o público en xeral.