Gondomar adhírese a Rede Ágora de Concellos polo espazo público

O Concello de Gondomar sumarase a Rede Ágora, iniciativa promovida pola Deputación de Pontevedra, e que entre as súas prioridades ten a revalorización do espazo público para desfrute da veciñanza.

Os concellos que formen parte desta Rede, cuxa participación é totalmente gratuíta, comprométense a realizar políticas de recuperación de espazos públicos e fomentar as mobilidades alternativas nos seus termos municipais.

Políticas que o goberno local de Paco Ferreira xa vén desenvolvendo dende hai tempo como proba a Praza da Paradela ou a recuperación de espazos verdes, así como a intención de seguir apostando por procesos de peonalización no futuro para que “Gondomar sexa para uso e desfrute dos seus cidadáns e cidadás”.

O obxectivo da Rede Ágora, cuxa adhesión aprobouse no pleno deste xoves, é lograr que de aquí a dous anos os gobernos que a integran incrementen de forma substancial o espazo reservado para as persoas, itinerarios peonís e ciclables.