Concertos da Banda de Música de San Miguel e de Proxy en Praia América

O Concello de Nigrán, en colaboración coa Comisión de Festas de Praia América e con motivo da festividade do Carme, ofrece o domingo 2 de agosto a mediodía o concerto da Banda de Música de San Miguel de Oia (13:00 horas no campo de fútbol de Lourido) e pola noite o de Proxy (22:00 horas). Estas actuacións encádrase no programa municipal “Música nas Parroquias”, que consisten nunha actuación en sesión vermú na festividade de cada parroquia de Nigrán e algunha outra actividade extra, xa que na maioría dos casos non hai verbena por mor das circunstancias sanitarias.