Bolos da Carrasca suspende as festas do neno, do ovo frito con chourizo e do socio

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Festa dos ovos con chourizo na Carrasca.

Dada a situación vivida no país nos últimos meses ante a aparición do novo coronavirus Sars-Cov-2, que fai imprescindible a obriga de tomar medidas no ámbito no que se desenvolve o Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca, informan que ante estas circunstancias (distanciamento social, hixiene de mas e uso de máscara) “vémonos incapaces de garantir ditas medidas, polo que vémonos na obriga de protexernos e protexer a todos os que formamos parte do noso Centro Cultural”, sinalan desde a entidade. Por este motivo, anuncian que as actividades e eventos Festa do Neno, Festa do Ovo frito con Chourizo e Festa do Socio quedan suspendidas. “Grazas pola súa comprensión e vémonos o ano que vén”, conclúen desde o Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca.