“Xoga na Praia” en Praia América

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN

O Concello de Nigrán, coma todos os sábados de xullo e agosto, ofrece de xeito gratuíto a actividade “Xoga na Praia” dende as 18.00 ata as 20:00 horas en Praia América á altura da Escola de Vela (organízase alternativamente entre este areal e Patos, á altura de Prado Surf). A actividade busca entreter aos máis pequenos (e as súas familias se desexan participar) con xogos e actividades deportivas dirixidas por profesionais da empresa Rey Midas.