Sin categoría

O aparcamento do Aral, aberto ao público as 24 horas durante o verán

Desde o pasado venres, 17 de xullo, o aparcamento municipal do Aral permanece aberto ao público durante as 24 horas do día todos os días da semana. O horario de verán estará operativo ata o próximo 31 de agosto. Así mesmo, unha vez aprobada a nova ordenanza reguladora do aparcamento, as novas tarifas entrarán en vigor o próximo 1 de agosto, que inclúen, entre outras novidades, unha rebaixa das taxas para os abonados e abonadas nun 40%.

Doutra banda, e dentro do proxecto de modernización do aparcamento que desenvolverá o Concello de Baiona, unha vez que finalice o período estival abrirase o proceso de licitación para a renovación da maquinaria, para optimizar o seu funcionamento. Un proxecto que conta co financiamento da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos.