Gondomar recibirá 67.000 € da Deputación para a instalación dun skate park

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar novas achegas aos concellos da provincia destinados á investimentos en equipamentos, emprego e saúde. Deste xeito, a Xunta de Goberno destinará axudas por 600.000 euros para cinco municipios no marco do Plan Concellos 2020, e deu luz verde á contratación por preto de 78.000 euros para o subministro, instalación, a posta en funcionamento e as labores de mantemento de 34 desfibriladores semiautomáticos (DESA) para instalar en espazos municipais de 20 concellos con poboación inferior a 20.000 habitantes.

No que atinxe ao Plan Concellos, case 500.000 euros irán destinados á achegas da Liña 1 de Investimentos para catro concellos. Gondomar recibirá 67.000 euros para a instalación dun skate park. No que respecta ao novo subministro de desfibriladores semiautomáticos para 20 concellos da provincia, o investimento ascende a 78.000 euros. Trátase da terceira adquisición que fai a institución provincial destes equipamentos e contando coas dúas anteriores son xa 103 os desfibriladores con que contan 41 municipios de menos de 20.000 habitantes. Os 34 novos desfibriladores instalaranse nos concellos de Caldas, Meaño, Moaña, Vilanova, Cuntis, A Illa de Arousa, Sanxenxo, Silleda, Campo Lameiro, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, Oia, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, O Rosal, Tomiño e Vila de Cruces.