O Centro Juan María reinicia a súa actividade tras catro meses pechado

FOTO: CENTRO JUAN MARÍA // Un dos obradoiros do Centro de Día antes de declararse a alerta sanitaria.

Os Centros de Día e Ocupacional Juan María reinician hoxe a súa actividade desde a suspensión pola alarma sanitaria. Desde o pasado 14 de marzo, o centro permaneceu pechado, aínda que mantiveron un contacto continuo cos seus usuarios e familiares a través de teléfono e redes sociais.

Este mañá, tras recibir a autorización sanitaria do seu Plan de Acción para a prevención de contaxios COVID-19, iniciaron a fase 1 (50% de usuarios) para a reapertura coa incorporación de 11 usuarios do centro de día e 23 usuarios do centro ocupacional.