Nigrán abre o xoves e venres o prazo de inscrición para participar na festa dos avós en Camos

O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición os días 16 e 17 de xullo de 10:00 a 13:00 horas no 986 365 000 para participar na primeira festa con motivo do Día do Avós o domingo 26 de xullo en Camos. O programa do Concello, organizado no xogo de bolos de Os Barreiros baixo as medidas protocolarias de seguridade Covid-19, comezará ás 12:00 horas cun Photocall de recordo de agasallo, almorzo campestre ás 14:00 (cada persoa deberá levar o seu), exposición de vehículos clásicos, actuación do grupo musical D’Líder e primeiro concurso de baile con premio á mellor parella. O aforo estará limitado a 50 persoas e se cubrirá por rigorosa orde de inscrición.