Podemos Nigrán lamenta a nefasta xestión dos técnicos da Xunta en Nigrán

Podemos Nigrán lamenta a nefasta xestión do persoal técnico da Xunta de Galicia e da Xunta Electoral á hora de aceptar como lugares idóneos instalacións onde se situaron os colexios electorais nos que nas mesas, as persoas que as constituían, non podían manter a distancia mínima de seguridade. Dende o Círculo de Podemos Nigrán fan tamén extensible esta crítica á pésima xestión por parte do persoal contratado e voluntariado pola Xunta de Galicia, posto que non foron capaces de evitar a creación de aglomeracións de persoas sen que se respectasen as distancias mínimas de seguridade nas inmediacións dos colexios electorais, especialmente pola mañá.

Denuncian pois, o incumprimento da normativa sanitaria publicada no DOG Resolución n°104 2020/5/30 na maioría dos centros electorais, e máis concretamente a mala xestión por parte dos técnicos, representantes e voluntarios da administración no colexio electoral do O Torreiro de Priegue, non garantindo a seguridade sanitaria das persoas integrantes das mesas electorais, impedindo o acceso ao centro ás persoas apoderadas das diferentes forzas políticas, e provocando que as votantes que acudían ás primeiras horas da mañá formaran aglomeracións incumprindo as normas de seguridade sanitaria de distanciamento e lamentan que debido a este caos moitas persoas marcharan sen exercer o seu dereito ao voto. Aínda así, queren agradecer a todas as persoas que se achegaron a votar pese ao potencial risco que deuse debido a esta mala xestión.

2020-07-13 - ACTA_DENUNCIA