Misas, poxas e procesión de San Antonio en Gondomar

A parroquia de San Bieito de Gondomar celebra este domingo 12 de xullo a festividade de San Antonio. Ás 12:15 horas celebrarase unha Misa e Primeiras Comuñóns. Ás 18:00 horas terán lugar as tradicionais “poxas”, a cargo de Carlos Riveiro, coñecido como “Carlos de Gondomar”. Ás 20:30 horas celebrarase unha Misa Cantada seguida de procesión.

Segundo a normativa vixente, será obrigatorio gardar todas as medidas de seguridade fronte ao Covid-19: uso de máscara, distancia de 1,5 metros, hixiene de mans con hidroxel…