Vive Nigrán completa o seu cartel da “2020 Picnic Club Edition”

O festival Vive Nigrán, que se celebrará nas Pistas de Tenis de Praia América os días 17 e 18 de xullo, completa o seu cartel coa presenza de dous músicos galegos, dani e Villanueva, nesta “2020 Picnic Club Edition”. Con estas incorporacións, o festival aposta por algúns dos artistas locais de maior proxección no panorama do pop independente.

Esta cita coa música en vivo trasládase na súa cuarta edición do campo de Monte Lourido ao recinto das Pistas de Tenis en Gaifar, para ofrecer un formato máis acolledor e exclusivo, tamén a escasos metros da praia e cumprindo con todos os protocolos sanitarios.

O venres 17 subirase ao Escenario Xacobeo Anni B Sweet, nunha noite moi especial, xa que será o único concerto que a cantante ofrecerá este verán acompañada da súa banda. Como artista convidada, dani, a nova artista viguesa, de 22 anos que acaba de presentar o seu primeiro disco, “Veinte”, hai só uns días.

Na xornada do sábado 18 chega o concerto Vibra Mahou de Rufus T, Firefly. A banda madrileña ofrecerá o seu cóctel de psicodelia, rock e pop. Previamente subirase tamén ao Escenario Vibra Mahou o galego Villanueva, con tres discos ás súas costas, cheos de rock con arranxos moi persoais, repasará o seu novo álbum, “Cuarto de invitados”.

E como en anos anteriores, ademais de boa música, Vive Nigrán intégrase coa contorna, ofrecendo unha experiencia máis completa. Así, ultímanse as actividades paralelas, como o bautismo náutico en kaiak e actividades de surf.

Vive Nigrán mantén a cita cos seus fieis nun formato máis reducido, e adaptouse ás circunstancias, reducindo os aforos e ofrecendo unha experiencia de música en vivo cumprindo todas as medidas sanitarias. Por iso, os espectadores deberán acudir ao recinto, nas Pistas de Tenis de Praia América, con máscara, e serán acomodados nos asentos que lles sexan asignados pola organización. Ademais previuse un circuíto de accesos para a entrada e saída do recinto de forma segura, e recoméndase acudir ao recinto con marxe de tempo suficiente, para evitar aglomeracións.

Os abonos para o festival xa están esgotados, así como as entradas para o sábado, pero aínda é posible adquirir entradas para o venres 17 (15,00 € + gastos), a través de Ataquilla.com

VENRES 17 DE XULLO ESCENARIO XACOBEO

ANNI B SWEET

A carreira da cantante e compositora malagueña non fixo máis que crecer desde os seus inicios alá por 2008, cando empezou a dar os seus primeiros concertos. A partir de aí, gañar os seus primeiros concursos de artistas emerxentes, fichar por unha discográfica como Subterfuge Records ou ser seleccionada para participar nun festival da envergadura do FIB Benicassim sen nin sequera ter o seu primeiro disco publicado.

A súa voz e sensibilidade permitíronlle levar a súa música ata países como México, Arxentina, Inglaterra ou Xapón, dando o salto máis aló das nosas fronteiras con tan só un disco publicado. Foi nomeada aos MTV European Music Awards de 2013 na categoría de mellor artista e en 2015 converteuse na artista independente española con máis oíntes en Spotify.

O ano pasado publicaba o seu 4º disco “Universo por estrenar”, cargado de psicodelia e ritmos setenteiros, e por primeira vez cantado integramente en español. Consolidada como un dos nomes máis destacados da escena indie/folk española, chega a Vive Nigrán acompañada da súa banda nun dos mellores momentos da súa carreira.

dani

dani –en minúsculas– é unha cantante e compositora viguesa con só 22 anos e crecida no seo dunha familia moi musical: os seus pais son Rosa Costas e Silvino, dous dos membros do mítico grupo Aerolíneas Federales e é sobriña de Miguel Costas, de Siniestro Total. dani transita polas sendas máis aterciopeladas e intimistas do pop contemporáneo e a través das súas cancións traduce a súa vida interior. É unha das artistas locais con maior proxección e acaba de lanzar o seu álbum debut “Veinte”, hai só uns días, e presentarao no escenario de Vive Nigrán.

SÁBADO 18 DE JULIO ESCENARIO VIBRA MAHOU

CONCERTO VIBRA MAHOU

RUFUS T. FIREFLY

Unha das bandas con máis personalidade do panorama español, desde a publicación dos seus primeiros EP’s xa chamaron a atención de prensa e público por esa aditiva mestura de psicodelia, rock e pop que os achegaba a grupos como Tame Impala ou Radiohead. Habituais nos festivais máis importantes do país, percorréronse a península de punta a punta en innumerables concertos, que lles fixo consolidar unha base de fans cada vez máis numerosa. Con 5 discos editados ás súas costas que recibiron os eloxios dos principais medios especializados, chegan por primeira vez a Vive Nigrán co seu demoledor directo para un concerto moi especial.

VILLANUEVA

O galego Josete Villanueva non ten complexos á hora de vestir as súas composicións e arranxalas de forma diferente con elementos doutros estilos gardando sempre un selo persoal e independente que o sitúan como un dos autores españois máis respectados da súa xeración. “Cuarto de invitados” é o seu terceiro álbum, lanzado en 2019.