Romaría de San Bieito en Gondomar

Este sábado, día 11 de xullo, celébrase en Gondomar a Romaría de San Bieito. Haberá misas cada hora de 7:00 a 13:00, sendo a solemne ás 12:00, e de tarde cada hora de 17:30 a 21:30. Para evitar aglomeracións, as misas centrais celebraranse no adro da igrexa, quedando libre acceso ao templo para rezar ante a imaxe de San Bieito.

Segundo a normativa vixente, será obrigatorio gardar todas as medidas de seguridade fronte ao Covid-19: uso de máscara, distancia de 1,5 metros, hixiene de mans con hidroxel…