Daniel Pereira ofrece en Baiona un concerto de música de cine ao piano

Este sábado día 30 de marzo ás 20:00 horas na sala de audicións da Escola Municipal de Música de Baiona, terá lugar o concerto do pianista Daniel Pereira, cun recital das mellores bandas sonoras das películas máis destacadas do cinema internacional. O concerto está organizado pola Concellería de Cultura de Baiona en colaboración coa Escola Municipal de Música de Baiona.

Daniel Pereira González graduouse cun Doutoramento en Artes Musicais (Universidade de Maryland), un Máster en Música (Universidade de Hartford) e un Diploma de Artista (Universidade Estatal de Nova York), todas en EEUU. Formouse en festivais e masterclasses en España, Portugal, Francia, Italia, Bélxica, Suíza, República Checa e EEUU. Foi director artístico dos Festivais de Piano Conde de Gondomar e codirector do Vianden International Festival de Luxemburgo.

Realizou unha extensa investigación sobre o mundo pianístico nos International Piano Arquives at Maryland en EEUU. Publicou «We Can’t Always Play Waltzes” co oboísta americano Bert Lucarelli para a neoiorquina Carl Fischer, e a revista especializada Clavier Companion publicou o seu artigo «The Teachings of Cortot”. É tamén editor do proxecto “Notas de Compositor” da Universidade Estadual de Minas Gerais en Brasil.

Daniel residiu en EEUU durante 14 anos e en Londres, e lanzou un dobre cd con Odradek Records da integral dos Preludios de Alexander Scriabin en novembro de 2018. Daniel foi pianista da Escola Superior de Arte Dramática de Málaga e do Real Conservatorio de Danza Marienma de Madrid, e combina a súa actividade como concertista e conferenciante e é profesor no Conservatorio Profesional de Música de Tui. En 2019 ofrecerá concertos en Latinoamérica coa pianista Andrea González.

Música de Cinema ao Piano | Escola de Música de Baiona

  1. El Golpe (1973)
    The Entertainer (Scott Joplin)
  2. Love Story (1970)
    Tema Principal (Francis Lai)
  3. El Diario de Noa (2004)
    Tema Principal (Aaron Zigman)
  4. El Piano (1993)
    The Heart Asks Pleasure First (Michael Nyman)
  5. Los Intocables (2011)
    Una Mattina (Ludovico Einaudi)
  6. Amélie (2001)
    Vals de Amélie (Yann Tiersen)
  7. Piratas del Caribe (2003)
    Tema Principal (Hans Zimmer)
  8. Carros de Fuego (1981)
    Tema Principal (Vangelis)
  9. La Máscara del Zorro (1998)
    Tema Principal (James Horner)
  10. Los Siete Magníficos (1960)
    Tema Principal (Elmer Bernstein)
  11. La Lista de Schindler (1993)
    Tema Principal (John Williams)
  12. Cinema Paradiso (1988)
    Tema de Amor (Ennio Morricone)
  13. Black Cat, White Cat (1998)
    Bubamara (canción balcánica popular)