Concerto da Banda de Música do Val Miñor na Alameda de A Ramallosa

O Concello de Nigrán ofrece dentro da súa programación especial de verán o concerto este domingo día 12 de xullo ás 12:00 horas na Alameda de A Ramallosa da Banda de Música do Val Miñor. O concerto encádrase nas actuacións habituais de verán neste espazo, repetíndose outro durante o mes de agosto. Paralelamente, o Concello ofrece o programa “Música nas parroquias” mediante o cal unha banda actúa en sesión vermú no respectivo día do patrón/a de cada lugar.