Baiona abre o prazo para solicitar praza no programa de conciliación Escolas de Verán

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Actividades dos campamentos na Praza do Concello.

O Concello de Baiona abriu onte o prazo para solicitar praza no programa de conciliación Escola de Verán 2020, que este ano se desenvolverá ao longo do mes de agosto no CPI Cova Terreña e no CEIP de Sabarís. O prazo remata o vindeiro luns 20 de xullo.

O Concello oferta 120 prazas dirixidas a menores de ata 12 anos. As bases que rexen a convocatoria poderán descargarse da páxina web do Concello de Baiona, solicitándoas no enderezo electrónico concelleria.igualdade@baiona.org ou recollelas no rexistro xeral do Concello, para o que é necesario solicitar cita previa no teléfono 986 35 67 79.