Interceptan en Vigo a un veciño de Nigrán con 2 quilos de percebe

Mende, Ríos, Punta Lagoa, a Fonte, Toralla, Oceanográfico, Saiáns e Portiño, dun extremo ao outro do litoral vigués, a diario, e cando as mareas son propicias, os Axentes da Unidade Executiva da Policía Local de Vigo realizou un percorrido polos distintos areais, desde o pasado mes de xuño, apoiando aos gardas rurais, mediante unha colaboración activa, revisando as zonas de costa, ao obxecto de vixiar, interceptar e incautar a mercadoría aos furtivos, que obtiveron os seus froitos.

O martes 7 de xuño, ás 11:30 horas, na Praia de Portiño, prestaron apoio ao garda rural no control sobre un furtivo. Os axentes interceptaron e identificaron a E.C.R, de Nigrán e 51 anos de idade, portando unha bolsa plástica en cuxo interior estaba o froito da súa actividade. Concretamente 2 kg de percebe, acompañados da raspeta para collelos, que obviamente lle foron intervidos.