Gondomar facilitará os trámites necesarios para o despregamento de fibra óptica no municipio

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, mantivo unha reunión co Director Territorial de Relacións Institucionais de Orange España para coñecer a análise e estudo da extensión de fibra óptica no municipio. Devandita análise é froito do traballo realizado por técnicos de Orange este ano. “Os resultados obtidos son favorables e a intención deste goberno é que todas as operadoras do sector entren no municipio dunha maneira decidida cun investimento económico o suficientemente capaz de dar a Gondomar o mellor servizo de fibra óptica posible, ofrecéndonos (como así vimos facendo) a mediar entre administracións, veciños, etc, para facilitar os permisos, licenzas e autorizacións necesarias para o despregamento do servizo”.