Gondomar apraza o “Cinema na Rúa” previsto para o domingo

O Concello de Gondomar suspende a cita co cine prevista no programa de verán para este domingo 12 de xullo ás 22:30 horas na Praza Paradela, na que se ía proxectar a película “Yesterday”. Esta actividade inclúese no programa “Cinema na Rúa” que durante os meses de xullo e agosto levará cada domingo o cine ás parroquias do municipio, achegando ao público familiar títulos como “Ralph rompe internet”, “Aladdín”, “Mascotas 2” o “El regreso de Mary Poppins”.