“Cinema na Rúa” en Mañufe coa película “Dumbo”

O Concello de Gondomar continúa este domingo 5 de xullo o ciclo de “Cinema na Rúa”, incluído no programa “Cultura de Verán”. Ás 22:30 horas proxectarase a película “Dumbo” no adro da Igrexa de San Vicente en Mañufe. Holt Farrier conta coa axuda dos seus fillos Milly e Joe para coidar a un elefante recentemente nado cuxas orellas xigantes fanlle ser o ridículo nun circo que non pasa polo seu mellor momento. A familia circense de Holt inclúe ademais á señorita Atlantis, Rongo, Pramesh Singh e o seu sobriño, a grandiosa Catherine e o magnífico Iván. Max Medici, dono do circo, decepciónase ao saber sobre as enormes orellas do pequeno paquidermo ata que descobre que é capaz de voar, levando ao circo de regreso á prosperidade.