A Deputación destina 126.000 € a Gondomar para o saneamento de Loureiro e Zapa

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno unha achega de 126.201,85 euros para o Concello de Gondomar, que irá destinada ao saneamento nos núcleos de Loureiro e Zapa (Fase I), na parroquia de Chaín. Este proxecto dará solución á evacuación das augas residuais xeradas nunha parte destas poboacións reconducíndoas á rede de saneamento existente, mellorando así as condicións medio ambientais tanto da veciñanza como as da contorna.