Anuncios
Ticker de novas

O Concello de Nigrán informa sobre o Programa de Turismo 2017/18 do IMSERSO

O Concello de Nigrán informa de que xa está aberto ata o 5 de xuño o prazo para participar no Programa de Turismo 2017/2018 do IMSERSO, que inclúe os seguintes destinos: zona costeira peninsular, zona costeira insular e turismo de interior. Débese reunir un dos seguintes requisitos: ter 65 anos, ser pensionista ou perceptor de prestacións ou subsidios con 60 anos ou de viuvez con 55 anos cumpridos. Poderán participar como acompañantes os fillos con discapacidades cuxo grao de minusvalía sexa igual ou superior ao 45%. Para maior información poderán solicitar cita previa no Departamento Municipal de Servizos Sociais do Concello de Nigrán ou chamar ao número 986.365.000.

Anuncios