Gondomar proxecta en Peitieiros “Mr. Link, el origen perdido”

O Concello de Gondomar inicia este venres 3 de xullo o ciclo “Cinema na rúa”, dentro do programa “Cultura de Verán”. Ás 22:30 horas proxectarase a película “Mr. Link, el origen perdido” no Centro Cultural de Peitieiros. Sir Lionel Frost considérase a si mesmo o maior investigador de mitos, monstros e lendas. Estes cualificativos foron cuestionados polo seu círculo máis próximo, o que lle anima a comezar unha investigación polo noroeste americano en busca do Elo Perdido, unha misteriosa criatura metade humano, metade besta.