“Cine na Rúa” en Sabarís coa película “Superlópez”

Este venres 3 de xullo ás 23:00 horas comeza o ciclo “Cine na Rúa”, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2020 organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona. O primeiro título que baioneses e visitantes poderán ver na Praza Victoria Cadaval de Sabarís é “Superlópez”, protagonizada por Dani Rovira, Alexandra Jiménez, Julián López, Maribel Verdú ou Pedro Casablanc. O tramo de estrada da Rúa Porta do Sol entre a Avda. Doutor Benito Fariñas e Rúa Ponte permanecerá pechado ao tráfico entre as 20:00 e as 1:00 horas.

Desde a súa chegada á Terra procedente do planeta Chitón, a vida de Juan López non foi fácil. Con superpoderes é difícil non destacar. Poder voar, ler a mente, ter supervisión ou deter un convoi do metro para que non descarrile… e regresar logo á oficina, esforzándose en ser un tipo normal, non foi nada sinxelo para el. Ou quizais si, porque Juan non necesita máis que o seu croissant matinal para ser feliz… Con todo, algo está a piques de cambiar. A aparición na ordenada vida de López de Luisa, un antigo amor de instituto, vai causar estragos. Xa non é momento de pasar inadvertido. A pesar de que con iso poida chamar a atención do malvado Skorba e da súa sibilina filla, Ágata, e poñer en perigo a supervivencia do seu planeta de orixe.