Nigrán inicia o servizo de socorrismo nas súas praias

O Concello de Nigrán iniciou onte e ata o 31 de agosto o seu servizo de socorrismo con 2 postos en Praia América, 1 en Panxón e 1 en Patos, contando cada un cun socorrista e 3 voluntarios de Protección Civil, polo que a seguridade nas praias queda garantida. Cada posto foi dotado polo Concello de material de prevención ante o Covid-19, incluíndo surtidores a pedal de xel hidroalcólico. O compromiso do goberno de Nigrán coa seguridade e calidade asistencial nos areais e máximo, e ante o insuficiente número de socorristas que se precisan en toda Galicia na tempada estival o Concello está a ofrecer un curso gratuíto para que 11 empadroados poidan obter o certificado oficial e o vindeiro ano poida haber maior número (as medidas derivadas do estado de alarma impediron que o curso comezase antes).

2020-07-02 - Socorrismo (4)