40 gardas civís en prácticas incorpóranse a distintos postos da provincia

A Subdelegada do Goberno, Maica Larriba, visitou esta mañá as instalacións da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra para saudar e dar a benvida aos 40 gardas alumnos en prácticas, que se incorporan estes días a distintos postos da provincia. A visita tivo lugar con motivo das xornadas de formación e adaptación que se están levando a cabo ao longo desta semana, antes da súa incorporación. A incorporación ás súas respectivas unidades realizarase o vindeiro luns día 6 de xullo.