Lembran acudir con cita previa para realizar trámites presenciais nas oficinas da Administración

A Delegación do Goberno en Galicia lembra a necesidade de acudir con cita previa para realizar xestións presenciais nas oficinas da Administración Xeral do Estado. As citas poden solicitarse na web ou a través do portal xeral da Administración.

Tamén se lembra que os cidadáns poden realizar consultas e peticións de información por teléfono e correo electrónico para evitar desprazamentos innecesarios ás oficinas. Na web da Delegación do Goberno pódese acceder á listaxe completa de teléfonos e direccións de correo electrónico habilitadas dos servizos que ofrece a Delegación e Subdelegacións do Goberno nas catro provincias.

Medidas nas oficinas

Durante a xestión dos trámites, é necesario o uso de máscara, ao tratarse dun espazo pechado no que é necesario extremar as precaucións hixiénico-sanitarias para previr os contaxios.

En todas as dependencias hai numerosos carteis explicativos, están dispostos elementos de hixiene e, ademais, extrémanse as precaucións con biombos ou outros elementos situados para protexer ao funcionariado e ao público co que ten contacto.

Anuncios