Gondomar celebra un Corpus Christi diferente

Gondomar celebrou este domingo a festividade do Corpus Christi, prevista inicialmente para o pasado 14 de xuño. Os alfombristas da Vila Condal, coa colaboración de alfombristas de Ponteareas, elaboraron dous fermosos tapices florais, un no adro da Igrexa de San Bieito, cunha representación de Xesús e María, ambos os dous equipados con máscara, e outra na Praza da Paradela, xunto ao Altar en que fai parada a procesión, tendo como motivo central o escudo da Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago.

Os alfombristas de Gondomar son membros fundadores desta entidade, que o próximo ano prepara o maior evento alfombrista a escala mundial. A día de hoxe conta xa con case 200 cidades repartidas por 23 países a pouco menos dun ano da súa fundación, o 16 de xullo de 2019. Constitúe todo un éxito xa que é a maior organización mundial de alfombristas, que engloba a tal cantidade de artistas de todo o mundo.

Procesión ata o Concello

A procesión comezou ás 13:25 horas desde a Igrexa Parroquial, despois da Solemne Misa de Corpus Christi, na que se celebraron as tradicionais comuñóns. A comitiva, procurando cumprir con todas as normas de seguridade, partiu da escalinata de San Bieito acompañada pola Agrupación Musical de Vincios, e percorreu a Alameda, as rúas Eduardo Iglesias, Elduayen, Portugal e Manuel Alonso para deterse na Praza da Paradela. Ao regreso á Igrexa discorreu por Párroco Mariño e Manuel Losada.

🎥 VIDEO: Procesión de Corpus Christi en Gondomar.

Publicado por Valmiñor TV en Domingo, 28 de junio de 2020

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Anuncios