Baiona suspende a peonalización de Elduayen para esta fin de semana

O Concello de Baiona vén de informar que o goberno local decidiu suspender o corte de tráfico nas rúas Elduayen, Carabela Pinta e Cidade de Vigo, para a súa peonalización entre as 20:00 e as 1:00 horas, para esta fin de semana –hoxe sábado e mañá domingo- debido ao mal tempo. O alcalde, Carlos Gómez, di que non se dan as circunstancias para facer unha valoración exacta da proba piloto realizada este venres.

Anuncios