Concerto da Banda de Música de Vincios en Panxón con motivo da festividade de San Xoán

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // A Agrupación Musical de Vincios na Ramallosa.

O Concello de Nigrán, ante a situación excepcional deste ano, ofrece unha programación alternativa de San Xoán que inclúe para mañá día 24 ás 13:00 horas o concerto da Banda de Música de Vincios no inicio do paseo marítimo de Panxón (cara ao peirao). Así, a banda sairá en pasarrúas ás 12:00 horas do Porto Pesqueiro para percorrer as rúas Mariñeiro ou Jesús Espinosa e, posteriormente, realizar o concerto. Esta actuación encádrase no programa municipal “Música nas Parroquias”, que ofrece unha actuación en sesión vermú na festividade de cada parroquia de Nigrán, xa que na maioría dos casos nin haberá verbena por mor das circunstancias sanitarias.