Sin categoría

Nigrán instala dispensadores de xel hidroalcólico a pedal nas instalacións municipais

O Concello de Nigrán, dentro do seu plan de prevención ante o Covid-19, ven de investir 1.778 € na adquisición de seis dispensadores de xel hidroalcólico a pedal e 30 litros deste líquido para instalar nas dependencias municipais. Estes foron situados na entrada da Casa do Concello, Pavillón Municipal, Biblioteca, Centro de Información á Muller (CIM), Auditorio e Centro Antena. As vantaxes destes aparellos fabricados en aceiro inoxidable son que teñen unha capacidade de 3,5 litros, o que permite dilatar a súa reposición, e, sobre todo, que dispensan líquido premendo co pé nunha panca, o que os fai totalmente asépticos.

Esta medida súmase á realizada as semanas anteriores nas dependencias municipais, como a instalación de biombos protectores provisionais, adquisición dunha máquina de ozono, disposición de envases de xel … sumado a que a entrada a Casa do Concello esta semana é aínda mediante cita previa para evitar contactos e, con elo, posibles contaxios.