Dende hai unhas semanas pero máis concretamente dende hai uns días, dende o Círculo Podemos Nigrán veñen presentando un difícil acceso ao rexistro do Concello.
Actualmente existen diversas formas de contacto que non están cubrindo a demanda da veciñanza. Telefonicamente a comunicación polo xeral é carente pola saturación das liñas e vía e-mail moitas veces é complicada para a xente maior que vivencia cada día e máis por mor da Covid, a fenda dixital ou ten dificultades para acceder a internet.
Podemos Nigrán prega ao Goberno municipal que arranxe este problema, posto que os demais municipios da contorna amósanse operativos e funcionan case con normalidade dentro do que a nova situación presta e non actúan con opacidade e complicando as diversas tramitacións, solicitudes, etc. dos veciños e veciñas do municipio.
Hai uns meses o Círculo presentou unha moción de accesibilidade que nestes días cren que debería terse en conta, xa que a realidade de diversos colectivos pode verse maiormente vulnerada se as actuacións non son as correctas, como por exemplo, a das persoas xordas, xordocegas…
En canto á accesibilidade, no pleno extraordinario do 15 de xuño á tarde, o alcalde Juan González, comunicou que non se vai continuar cos plenos telemáticos, solicitados polo Círculo, pola dificultade de acceso dalgúns concelleiros/as ao mesmo. Ante isto, propoñen que os continúen mantendo pero para facilitar a retransmisión, se teñan en conta aos medios de prensa locais e se publiquen en Youtube como ata agora ou vía Facebook, preferentemente en directo ou en diferido en caso de resultar moi complexo. Para seguir tendo acceso a estes e unha maior transparencia.

