A Garda Civil investiga a un condutor de Baiona que case cuadriplicaba a taxa de alcoholemia

A Garda Civil investiga a un condutor que case cuadriplicaba a taxa de alcoholemia. O feito tivo lugar sobre as 20:30 horas do pasado sábado día 13, cando o vehículo foi detectado polo radar circulando polo km. 166,700 da N-550, termo municipal de Tui, a unha velocidade de 104 km/ h nun tramo limitado a 50 km/ h.

Posteriormente o condutor, veciño de Baiona, tras arroxar unha taxa positiva de alcoholemia de 0,90 mg/l en aire expirado, é investigado por un delito contra a seguridade viaria, sendo remitidas as dilixencias ao Xulgado de Garda de Tui.

Por este feito, pode enfrontarse a pena de prisión de 3 a 6 meses, multa de 6 a 12 meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días. Ademais da privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

En canto á infracción de velocidade, sanción de 600 €, así como a retirada de 6 puntos do seu permiso de condución.

O Subsector de Tráfico de Pontevedra vén observando un repunte deste tipo de infraccións (exceso de velocidade e alcoholemias), tras o confinamento derivado polo estado de alarma, polo que se intensificará a vixilancia mediante controis para detectar a presenza de alcol ou drogas durante a condución, así como tamén os excesos de velocidade.

Anuncios