Sin categoría

Talaso Atlántico súmase á plataforma SíVamoss para reactivar o turismo

Promocionar a calidade e o atractivo do destino España e reactivar a demanda nacional de viaxes, especialmente durante o verán. Eses son os obxectivos desta iniciativa de colaboración na que participan sete hoteis independentes de diferentes lugares de España.

A nova plataforma de viaxes SíVamoss xorde como resposta á situación xerada no sector turístico polo Covid19. Trátase dunha acción conxunta na que os establecementos hostaleiros unen os seus esforzos e traballan en común para revitalizar o turismo nacional e facer máis accesible o poder gozar dunhas vacacións.

Os viaxeiros poderán adquirir a través desta plataforma un pasaporte turístico que lles permitirá reservar ata catro noites en varios hoteis españois e a un prezo único de 289€.

7 hoteis, 7 destinos

SíVamoss reúne a sete hoteis independentes de tres e catro estrelas cun alto valor e recoñecemento na atención e satisfacción do cliente. Forman parte desta iniciativa Hotel Bécquer (Sevilla), Hotel Gran Bilbao (Bilbao), VIVOOD Hotel Paisaje (Benimantell-Alicante), Hotel Dimar (Valencia), Hotel Mayorazgo (Madrid), Hotel Talaso Atlántico (Oia-Pontevedra) e Hotel Niu Barcelona (Barcelona).

A plataforma, que está aberta a outros hoteis que desexen sumarse a esta iniciativa, basea a súa filosofía no concepto de reciprocidade entre o hotel e o viaxeiro. Nese sentido, pídese apoio e confianza nestes momentos difíciles para o turismo, e dáse servizo e calidade ao mellor prezo posible.

Como adquirir o pasaporte

Os usuarios poderán comprar o pasaporte turístico nacional a través da web www.sivamoss.com Aquí poderán elixir varias noites de hotel en función da categoría dos establecementos seleccionados e adquirir un bono por un importe único de 289€, trocable ata o 31 de outubro de 2021.

O prezo do pasaporte inclúe aloxamento para dúas persoas con almorzo, 3 ou 4 noites de hotel nos establecementos elixidos, ademais de tratamento vip con cortesías e atencións especiais.

O pasaporte turístico nacional permitirá aos viaxeiros descubrir varios recunchos de España e gozar dos atractivos e singularidades de cada destino. Desde o encanto de Sevilla, a modernidade de Bilbao ou a beleza natural do val de Guadalest en Alicante á vida cosmopolita de Madrid, Barcelona e Valencia e a calma das Rías Baixas.