Nuria Gómez, nova presidenta do CB Nigrán

Despois de 5 anos, Enrique Villar González deixa o seu cargo como presidente do club e membro da Xunta Directiva do CB Nigrán.

Desde a familia do club queren agradecer a Enrique todo o traballo e esforzo realizado ao longo de todos estes anos. Baixo a súa presidencia alcanzáronse importantes logros deportivos e grazas ao seu compromiso fortaleceuse tamén de forma moi especial a faceta social desta entidade.

Cede agora a testemuña a Nuria Gómez Domínguez, nova presidenta do club que xa realizaba as súas funcións como Directora Deportiva.

A nova presidenta xunto ao resto da Directiva do club están xa traballando duro na organización e planificación da nova tempada, configuración de equipos nas diferentes categorías, organización de adestradores, captación de socios colaboradores e xestión do protocolo hixiénico/sanitario que deberá estar activo no momento no que se inicien os adestramentos e para o que xa adquiriron todo o material de desinfección necesario.

Os primeiros pasos a dar consisten na programación e planificación da pretempada, que queren sexa unha volta de forma graduada á rutina de adestramentos tras estar máis de dous meses parados.

Dentro da programación están tamén perfilando os primeiros trazos do xa habitual Torneo de Nadal “Encesta un Alimento”, que vai xa pola súa VII edición e que forma parte do calendario das vacacións de Nadal.

Anuncios