Gondomar facilita ordenadores ás familias sen recursos

O Concello de Gondomar facilita ordenadores ás familias sen recursos para que todos os escolares poidan estudar en igualdade de oportunidades. Para obter esta axuda, as familias interesadas deberán solicitala na Concellería de Benestar Social. “Os recursos económicos non poden limitar a igualdade de oportunidades e educativa dos nosos cativos, e o noso Concello garantirá que así sexa”, aseverou o alcalde, Paco Ferreira.