Nigrán ofrece un encontro online para festexar a Semana da Diversidade Sexual

O Concello de Nigrán súmase coa Sociedade Galega de Sexoloxía á Semana da Diversidade Sexual coa celebración dun encontro online durante toda a mañá do sábado 13 de xuño que estará dedicado a dar visibilidade ás identidades trans. Os interesados en participar deben inscribirse no mail eventosogasex@gmail.com para recibir os links pertinentes para asistir ás videoconferencias.

A xornada será inaugurada ás 10:00 horas polo alcalde de Nigrán, Juan González; a edil de Asuntos Sociais, Bibiana Peixoto; a presidenta de Sogasex, Purificación Leal, e a presidenta da Asociación de Familias de Menores Trans Chrysallis, Soledad Fernández. Durante a mesma intervirán psicólogos expertos en educación sexual, sexólogos, activistas LGTB ou un pediatra. Ademais, abrirase un diálogo co público participante, que poderá tamén asistir telemáticamente a unha exposición ao respecto das xornadas no Auditorio Municipal.

2020-06-05 - Diversidad1

Anuncios