Sin categoría

Gondomar súmase ao proxecto #UnÁrbolPorEuropa

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e membros do seu equipo, plantarán este venres, 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, varias árbores secundando a iniciativa #UnÁrbolPorEuropa posta en marcha por Equipo Europa, asociación xuvenil que ten como obxectivo achegar ás novas xeracións os procesos de toma de decisións e directrices que se ditan en Europa centradas no medio ambiente.

Gondomar ratifica así o seu compromiso por promover a sustentabilidade local en Europa e a súa clara aposta por converterse nun municipio referente na defensa do medio ambiente e a loita contra o cambio climático.

Ante a imposibilidade debido á alerta sanitaria de celebrar esta acción nun acto colectivo o goberno convida aos cidadáns a plantar unha árbore ou unha planta e compartilo subindo unha fotografía nas redes acompañada do cancelo #UnÁrbolPorEuropa.