Podemos Nigrán presenta alegacións aos orzamentos

O Círculo Podemos Nigrán presentou esta mañá 30 alegacións aos orzamentos aprobados no pleno do pasado día 19 de maio, que aínda se pode atopar na canle de YouTube do Concello. Nas alegacións presentadas, comezan solicitando solucións para a veciñanza que durante o Estado de Alarma pola Covid-19 tivo que pechar ou viu mermada a súa facturación. Así mesmo, tamén propoñen unha redución das partidas de dubidosa execución en prol de incrementar outras sociais que brinden un respiro aos colectivos máis castigados economicamente por esta crise. No obstante, non é todo, pois as demais alegacións buscan a mesma fin, acadar uns orzamentos máis sociais para Nigrán.