
O goberno de Gondomar repartiu preto de 2000 máscaras hixiénicas reutilizables dun total de 3000 que inicialmente se poñerán a disposición dos cidadáns co fin de facilitar todos os medios necesarios para o cumprimento das medidas sanitarias xurdidas tras a pandemia do coronavirus.
Durante a mañá deste mércores varios centos de persoas achegáronse ata a Praza Paradela, onde efectivos de Protección Civil facían entrega das máscaras, doadas e fabricadas por la empresa PMAS Full Sport, industria situada no Polígono da Pasaxe, e que adaptou da produción á súa confección durante el confinamento co obxectivo de mitigar a ausencia de material que se rexistrou durante eses días. A repartición continuará pola tarde, en horario de 19:30 a 21:00 horas.
O rexedor do municipio, Paco Ferreira, sinalou “a necesidade de seguir adoptando todas as precaucións necesarias e non baixar a garda despois de todo o que conseguimos” e por iso anunciou que ademais da doazón da empresa “adquiriremos todas as máscaras precisas para que ningún veciño ou veciña da nosa localidade quede sen elas”, e engadiu que tamén se farán chegar aos diferentes establecementos de Gondomar con atención ao público.
Así o manifestou esta mañá durante o acto de entrega de máscaras no que estivo acompañado polo xerente da empresa, Moisés Bastos Lorenzo, así como por distintos concelleiros do goberno, os responsables da Policía Local e Garda Civil do municipio, e efectivos de Protección Civil do Val Miñor, corpos aos que tamén se doaron máscaras personalizadas co escudo de cada un deles.
As máscaras teñen a certificación de UNE 0065 e reúnen os requisitos que deben cumprir as máscaras hixiénicas reutilizables, tanto para adultos como para nenos, principalmente en canto ao materiais empregados para a súa elaboración, confección, marcado e uso.