Gondomar reparte este mércores máscaras reutilizables

O Concello de Gondomar entregará este mércores, 3 de xuño, ás 12:00 horas na Praza do Concello, as primeiras máscaras reutilizables. Cada veciño e veciña poderá recoller a súa, así como os comerciantes, taxistas, etc… A Policía Local, Garda Civil e Protección Civil tamén contarán con máscaras doadas pola empresa PMAS FULL SPORT, do mesmo xeito que as primeiras 3.000 máscaras que irán destinadas aos veciños. As restantes serán adquiridas polo propio Concello ata chegar a cada cidadán.

Anuncios